FAGAMOS recala en Ribeira o 31 para sensibilizar á cidadanía sobre a diversidade familiar

29 Agosto 2024

A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) estará o vindeiro sábado 31 de agosto en Ribeira desenvolvendo a xornada Moito que facer! que se celebrará de 10:00 a 14:00 h na avenida do Malecón (diante de Abanca). A xornada forma parte dunha xira itinerante polas catro provincias galegas (en dúas ducias de localidades) que ten o obxectivo de sensibilizar á poboación na importancia de que a igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade se entendan tendo en conta a diversidade familiar da nosa sociedade.

A xornada está dirixida a todo tipo de familias, que poderán participar en distintas actividades que terán como fío condutor “o moito que facer” a través da súa dobre interpretación: por unha banda os moitos “quefaceres” diarios que deben atender as persoas que coidan e por outra banda o moito que queda lle queda por facer á sociedade para que exista unha verdadeira corresponsabilidade no eido dos coidados:

A partir das 10:00 habilitarase unha carpa informativa onde se poderá acceder a materiais e recursos relacionados coa conciliación, a corresponsabilidade e os coidados con perspectiva de xénero, obter información sobre a lexislación actual, acceder a un webinario sobre corresponsabilidade, etc.

Poden achegarse tamén as persoas que precisen asesoramento sobre monoparentalidade: como solicitar o certificado de familia monoparental, rede de apoio,
información sobre axudas, dereitos, lexislación, etc.

Ás 12:00 haberá unha charla formativa e un faladoiro, onde se afondará nos datos que amosan o impacto que teñen nas vidas das mulleres as desigualdades que existen respecto ás tarefas do fogar e da crianza. Conversarase sobre o papel que xoga o tipo de estrutura familiar na conciliación, e das consecuencias persoais, familiares e laborais que ten a imposibilidade de conciliar axeitadamente na saúde e no benestar de todos os membros da familia.

Os nenos e nenas que asistan poderán participar e ser protagonistas nun xogo sobre a corresponsabilidade no fogar.

Todas as personas inscritas que participen na charla informativa ou no faladoiro recibirán
un agasallo.

As inscricións pódense facer en www.fagamos.com ou na mesa informativa o mesmo día da xornada.

Esta actuación forma parte do proxecto Currunchiños de Conciliación do Plan Corresponsables e está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad e organizada en colaboración co Concello de Ribeira.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.