O CC Vicente Vidal de Leiro celebra este sábado a súa romaría anual

23 Agosto 2024

Este sábado 24 de agosto celebrarase a romaría anual do Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, no concello de Rianxo. O programa inclúe un xanta popular, xogos e música para desfrutar desta importante xornada festiva e cultural no Barbanza.

Nun plano máis detallado, a axenda comeza ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo de Aldara e prosegue logo ás 15.00 horas co xantar popular e a foliada na sobremesa.

As 17.00 horas darán comezo os xogos populares e o campionato municipal de chave (I Memorial José Cuervo).

A axenda péchase polo serán, ás 20.00 horas, cun concerto a tres bandas a cargo de Aldara, The Cuncas e Mad Martin Trio.

Organiza o Centro Cultural Vicente Vidal en colaboración co Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.