O circuíto de carreiras barbancés comeza na Pobra no 25 de agosto

21 Agosto 2024

A XV Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal marca o inicio, no 25 de agosto, do VII Circuíto de Carreiras Populares Barbanza Arousa 4 carreiras, 1 meta.
Competirán numerosas categorías que van dende a sub-6 ata a máster 4, ademais da modalidade da Sapatilla Inclusiva. Neste senso, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, explica que “congregará un nutrido número de atletas que contribuirán a unha cita deportiva do primeiro nivel que arranca no noso municipio. Aquí, conxugaranse paisaxe e deporte. Deste xeito, a través da actividade física tamén se potencia o turismo en
escenarios de gran valor paisaxístico. E, no caso concreto da Pobra, optamos novamente pola fachada marítima do núcleo urbano.”
As saídas efectuaranse a partir das 10.45 horas dende a rúa Fernández Albor para que, sucesivamente, os/as corredores/as completen a distancia que lles corresponda. Logo de que conclúa, arredor das 13.30 horas, farase a entrega de premios no interior da praza do Alcalde Segundo Durán, lugar de meta. Outorgaránselles medallas a tódolos/tódalas participantes na sub-6 e sub-8, trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as por categoría e camiseta técnica para os/as participantes na proba absoluta. A maiores, repartiranse 910 euros en
premios en metálico entre os/as cinco primeiros/as clasificados/as da xeral. E tamén se lle darán 400 euros (200 euros na modalidade feminina e 200 euros na masculina) á mellor marca.
O prazo de inscrición continúa aberto ata as 14.00 horas do día 22 de agosto a través da páxina web
https://eventos.emesports.es/inscripcion/xv-carreira-popular-concello-da- pobra-do-caraminal/inscripcion_datos/. O trámite é de balde dende a sub- 6 á sub-16 e na Sapatilla Inclusiva, mentres que o importe se estipula nos 6 euros da sub-18 á máster.

Esta proba conta tamén co apoio doutros organismos, como a Deputación da Coruña, por se adscribir ó X Circuíto Provincial de Carreiras Populares, a Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.