Variadas disciplinas saen á Pobra no 23 de agosto co Día do Deporte na Rúa

20 Agosto 2024

O deporte sairá ás rúas da Pobra do Caramiñal no 23 de agosto para promove-la práctica de diferentes disciplinas: atletismo, artes marciais, fútbol 3×3, baloncesto, bádminton, remo, tenis, hóckey, tenis de mesa, voleibol, xadrez, parkour…

E, ademais, contarase con inchables.
“O verán é unha boa ocasión para amosa-la cantidade de modalidades deportivas que temos na nosa localidade; especialmente, para promover entre as crianzas a importancia dun estilo de vida saudable. Poderán así experimentar distintos deportes e desfrutar deles en familia. Deste xeito, esta convértese nunha gran xornada de portas abertas para aproxima-lo dinamismo deportivo do noso concello e o traballo diario das entidades que aquí operan. E pode que, deste día, xurdan novas incorporacións nas mesmas”, manifesta o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido.
Representantes dos clubs locais e monitorado do Departamento dos Deportes encargaranse de impartir estas disciplinas na praza Alcalde Segundo Durán, nas pistas deportivas do Castelo e no pantalán fronte ao
edificio de usos náuticos, no horario das 11.30 ás 14.00 e das 18.00 ás 20.00 horas.
A participación é de balde e non se require a inscrición previa.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.