Seis rapaces saharauís pasan en Boiro o verán no marco do programa Vacacións en Paz de Sogaps

16 Agosto 2024


O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, recibiu esta mañá na Casa Consistorial de Boiro a seis rapaces e rapazas saharauís acollidos por familias de Boiro que, no marco do programa “Vacacións en Paz” promovido pola entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), pasan o verán en Boiro.
Os rapaces e rapazas chegaron o 6 de xullo e estarán no municipio ata o 5 de setembro. Estes rapaces forman parte dun total de 290 nenos que pasan o verán con familias galegas para saír das altas temperaturas do
deserto.
O alcalde, José Ramón Romero, escoitou as necesidades destas familias de cara a seguir colaborando con elas para mellorar a estancia dos rapaces e rapazas no municipio.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...