Este martes 13 comezan as Festas do Verán en Olveira

12 Agosto 2024

A parroquia de Olveira (concello de Ribeira) celebra esta semana as súas Festas de Verán, con epicentro no adro da igrexa. Os festexos desenvolveranse a partir deste martes, os días 13, 14, 15 e 17 de agosto.

A axenda comeza este martes 13, Día do Carme, cunha misa solemne na honra da Virxe do Carme a partir das 12.00 horas, e pola noite cunha verbena a cargo de Saudade, Planet Disco Móbil e Mateo Abelleira.

A axenda do mércores, Día de San Roque, arrinca cunha misa solemne na honra de San Roque, e pola noite volve a festa coa orquestra Puzzlee máis con Disco Kyoto e DJ Manu GZ.

O xoves será a xornada adicada a Santa María Asunción. As actividades comezarán ás 10.00 horas cunha alborada de música tradicional da man da agrupación local Tahume. Ás 12.00 horas haberá unha misa solemne na honra da patrona, e ás 12.45 horas unha actuación do Grupo de Baile Tahume. Ás 13.30 horas os asistentes poderán desfrutar dunha sesión vermú con Open Drink, e ás 17.00 dará comezo a festa do neno con inchábeis e unha festa da escuma. Ás 18.00 haberá unha actuación de baile a cargo de Tomasón e polo serán, ás 20.00 horas, música con DJ Jalaiko.

O sábado será o Día do Deporte e a actividade concentrarase no Campo de Fútbol de Olveira. Ás 17.00 horas celebrarase un partido de solteiras contra casadas e de solteiros contra casados, e ás 20.00 horas desenvolverase a entrega de trofeos con pinchos, amenizado polo DJ DT9.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.