Titiriberia continúa este martes en Rianxo con cinco funcións de compañías galegas, vascas e madrileñas

12 Agosto 2024

O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, celebra en Rianxo a súa novena edición até o domingo 18 de agosto. O programa para este martes inclúe cinco funcións, entre elas dúas estreas, e a posta en marcha da Feira Vella.
Ás 11 horas, arrincará a actividade este martes coa compañía Ostomila Títeres. Esta formación vasca-nicaraguana actuará en Campo Maneiro, Taragoña, coa súa obra Las aventuras del coyote y el conejo. A obra mestura dúas divertidas historias tradicionais nicaraguanas dramatizadas mediante o teatro tradicional de monicreques. Trátase dun proxecto de artes escénicas que fusiona bonecos, música e narración oral para afondar na identidade e mais nos nexos de unión entre diferentes culturas.


Na Feira Vella
A partir das 12.00, e até ás 14.00 horas e dende as 20.00 ás 22.00 horas , celebraranse as primeiras sesións de Xogos na Feira vella da man de Viravolta e Pedras de Papel. Con este espazo, situado no Campo de Arriba, Titiriberia propón a recreación dunha feira tradicional na vila de Rianxo. Esta combinación de exhibición, elementos interactivos e propostas escénicas, xunto cunha colección de antigos xogos e atraccións de feira tradicionais, instalarase no Campo de Arriba. Entretementos de puntaría como a ra e o pimpampún ou un teatriño con títeres estarán a disposición do público para uso libre. A Feira vella ademais acolle unha exposición de fotografías de títeres do fotógrafo arousán Manuel Silva Bisgue.
Tamén entre as 12 e as 14 horas, a Feira vella de Titiriberia acollerá a actuación do histórico Grupo de Teatro Airiños, que porá en escena números breves onde representarán debates e sucedidos propios das feiras de antano. Trátase dunha estrea en coprodución co festival que se titula Os casos da feira vella.
Tamén aló, no Campo de Arriba, e no mesmo horario, a compañía galega Xirapaus ofrecerá Kinekito. Esta iniciativa bebe de dúas fontes artesás para crear unha serie de autómatas pensados a recuperar un oficio ben antigo e moi relacionado co mundo das marionetas. O titiriteiro Ero Vázquez, de Teatro Marionetas Trécola, e mais o xogueteiro Manuel Taboada Fernández, de A Chintofanería, unen os seus coñecementos e vivencias nunha experiencia que combina a exposición das súas creacións cunha explicación ilustrada e dramatizada destes aparellos, complementada con contos e interaccións co público.
Espectáculo itinerante e Auditorio
A programación do martes tamén inclúe a estrea De como chegou a Rianxo unha balea, obra de Os Quinquilláns e Vai de Roda que adapta un relato de Rafael Dieste. A peza sairá do Campo de Arriba ás 20.30 e irá até o Auditorio de Rianxo. Precisamente, no Auditorio, rematará a xornada con Un hilo me liga a vos, obra da compañía madrileña La Tartana que poderemos ver ás 21.30 horas. Esta obra  tece unha arañeira para mergullar o público máis novo no apaixonante mundo dos mitos gregos. Para a aplacar as iras de Zeus, as moiras contarannos as historias de Teseo e o Minotauro, Ícaro e Dédalo e Aracne e Atenea. La Tartana chega a Rianxo grazas ao apoio do Instituto Nacional de Artes Escénicas y de la Música (INAEM).

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.