Este martes 6 de agosto arrinca en Porto do Son o programa deportivo e saudábel Agosto Activo

05 Agosto 2024

Natural Sport SL e a Área de Deportes do Concello de Porto do Son arrincan este 6 de agosto un programa de actividade física e saudábel en plena natureza ao servizo das veciñas e veciños: o programa Agosto Activo. Celebrarase os martes e xoves deste mes, en horario de mañá: de 10.30 a 11.30 horas, nos xardíns da explanada portuaria da vila de Porto do Son.

Segundo informou a organización, será preciso que as persoas participantes acudan ás actividades con esteira (esterilla), gorra e auga.

O prezo de Agosto Activo será de 20 euros.

Quen precise máis información ou formalizar a inscrición na actividade pode facelo chamando por teléfono á Área de Deportes do Concello, no 981767589

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.