Abertas as inscricións para a edición 2024 da Andaina da Santa Compaña de Rianxo (este 17 de agosto)

05 Agosto 2024

Xa están abertas as inscricións para a Andaina da Santa Compaña de Rianxo, que se celebra o 17 de agosto. Podemos achegar os nosos datos persoais e asegurar a nosa praza na web Emesports. Trátase dunha actividade de lecer, deportiva e cultural organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda coa colaboración do Concello de Rianxo.

As inscricións están abertas até o martes 13 de agosto ou até completar o número de prazas dispoñíbel, que son 2.500). Celebrarase en horario nocturno: de 22:45 a 2.30 horas. As persoas de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos poderán participar cunha autorización por escrito dos proxenitores. Entre os 8 e os 14 anos ademais do anterior deberán ir acompañados/as dun adulto.

A distancia será de 9 quilómetros aproximadamente e o percorrido, en palabras da organización, “é unha sorpresa”. A andaina comezará as 22:45 e o punto de encontro para a saída será na Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña-Rianxo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.