O BNG critica as deficiencias das instalacións deportivas da Pobra

17 Febreiro 2020

O Bloque Nacionalista Galego de Pobra vén de facer pública unha queixa sobre o servizo de instalacións deportivas do concello e sobre o seu modelo de xestión. Segundo comunica a agrupación, o estado e a xestión das ditas infraestruturas é “deficiente e lamentábel”, xa que, nas súas palabras, “os arranxos que solucionarían esta problemática seguen sen executarse malia a dotación orzamentaria”. As críticas da agrupación, emitidas pola concelleira Amparo Cercedo, céntranse no Polideportivo Municipal da rúa Venecia e no Estadio da Alta.

Segundo explican, o arranxo das deficiencias do Polideportivo foron postas de manifesto en xuño de 2018 polo BNG local, que levou a pleno unha moción solicitando a reparación de elementos como o teito, a cuberta, os aseos ou a accesibilidade, petición que foi aprobada por unanimidade. Porén, a agrupación recalca que o impulso definitivo para os traballos segue sen darse, e que a “imposibilidade de utilizar o Polideportivo prexudica ao deporte de base e a toda a veciñanza”. O BNG lembra que “algo semellante acontece nas pistas deportivas do Castelo e no Estadio da Alta”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.