En Porto do Son podemos ver estes verán unha exposición colectiva dos artistas Ehlaba, Lola Sanz e Nietto. Trátase da mostra Trébedes. A exposición estará na Casa da Cultura de Porto do Son até o 31 de xullo e na Casa da Cultura de Portosín entre o 1 e o 14 de agosto, en ámbolos casos con entrada libre. A exhibición achega un diálogo entre as propostas dos tres pintores participantes, e pódese ver de xeito individual ou como un conxunto en permanente xogo comunicativo. Segundo sinalou o trío de artistas, o seu obxectivo foi “chegar á pureza da pintura a través da creatividade e a naturalidade”.



