Pesar en Ribeira polo falecemento do profesor e exedil do BNG, Xosé Antón Parada Fernández

15 Xullo 2024

A morte do profesor Xosé Antón Parada Fernández causou un fondo pesar na comarca do Barbanza. Nado en Moaña, estudou Filosofía e Teoloxía en Compostela e Salamanca. Doutor en Filoloxía Clásica e mestre en Linguas Clásicas no ensino medio, foi profesor no IES Pobra do Caramiñal.

De moi novo, participou en movementos veciñais e antifeixistas, na Fronte Cultural e na plataforma nacionalista clandestina promovida pola UPG, partido ao que pertencía dende os anos setenta.

Foi concelleiro na primeira Corporación democrática do Concello de Moaña e durante case 8 foi concelleiro en Ribeira polo BNG, en cuxa fundación participou e á que sempre pertenceu. Era unha persoa moi querida entre a poboación e a mocidade á que lle deu clase. Foi recoñecido por traducir ao galego, desde o acadio, o Código de Hammurabi. Recibiu o Premio Plácido Castro de Tradución.

A capela ardente cos seus restos mortais está instalada na sala 6 do Tanatorio do Barbanza (Xarás), onde serán incinerados mañá martes.

O alcalde de Ribeira Luis Pérez Barral transmiteu o seu pesar a través das redes sociais coa seguinte mensaxe:

“As compañeiras e compañeiros do Bloque Nacionalista Galego queremos transmitir o noso máis sentido pésame á familia e amizades de Xosé Antón Parada Fernández. Nestes difíciles momentos teñen o noso cariño e apoio.

O seu falecemento deixa un profundo pesar entre os compañeiros e compañeiras do BNG. Antón era un compañeiro dos que sempre estaba en todo, botando unha man.

Naceu en Moaña. Estudou Filosofía e Teoloxía en Compostela e Salamanca. Doutor en Filoloxía clásica. Mestre en Linguas clásicas no ensino medio e traballou en varios lugares ata chegar ao IES Pobra do Caramiñal. De moi novo, participou en movementos veciñais e antifeixistas; Fronte Cultural, Plataforma nacionalista clandestina promovida pola UPG. Partido ao que pertencía dende os anos setenta.

Foi concelleiro na primeira Corporación democrática do Concello de Moaña e durante case 8 foi concelleiro en Ribeira. Participou na fundación do BNG, organización á que sempre pertenceu.

Afincouse dende había décadas no Touro, en Ribeira, e era unha persoa moi querida entre a poboación e a mocidade á que lle deu clase. Foi recoñecido por traducir ao galego, desde a súa lingua orixinal, o acádico, o ‘Código de Hammurabi’. Recibiu o Premio Plácido Castro de Tradución.

Deixas unha pegada moi grande Antón, sempre quedarás na nosa memoria. Fuches bo e xeneroso, que a terra che sexa leve”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.