Este domingo 14 de xullo celebrouse en Riberia décima edición da Carreira pola Diversidade, a Carreira Solidaria da Asociación Ambar que nesta ocasión conmemorou o 40 aniversario da entidade, pioneira no Barbanza en materia de accesibilidade e igualdade as persoas con discapacidade. A proba saíu saída da explanada de Coroso, en Ribeira. Acudiron case 300 persoas en tódalas modalidades da carreira. Máis de 80 persoas participaron na Andaina e xuntáronse arredor de 90 cativos nas probas infantís. Participaron finalmente 296 deportistas.
A esta entrega achegaron corredores e corredoras de distintas comarcas como Álvaro Illobre, Marina Mondelo, Paula Ramallo, Moisés Calvo , Clara Millares, Sabela Pensado ou Javier del Río.

Na entrega de premios estiveron presentes o alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral; Xabier Vidal, concelleiro de deportes; Juan Furones, concelleiro de Sanidade; Alicia Romero, secretaria da Asociación Ambar e Milagros Rey, presidenta de Ambar, que confirmou que grazas as persoas colaboraras e participantes, recadáronse máis de 7.500 €, contía que este ano adicarase ao fondo de bolsas do que dispón a Asociación Ambar para aquelas familias con poucos recursos, e que están á espera de resolución da súa praza pública, de xeito que poidan contar con axuda para costear os servizos de atención diúrna.

“Agradecer a tódalas persoas participantes, a Mari Carmen Hermo e a Abraham, que idearon esta carreira que xa leva con esta dez edicións, e con eles arrancou e estiveron dende a orixe. Grazas tamén ós nosos colaboradores e ó Concello de Ribeira, por darnos sempre espazo, visibilidade e apoio”, sinalou Milagros Rey no acto no que tamén interviron Abraham Benítez e Mari Carmen Hermo, quen comezaron no 2015 facendo a Carreira pola Diversidade. “Hoxe en día podemos sentirnos orgullosos de estar aquí e de ser referentes, isto é gracias a Ambar”, sinalou Abraham Benítez. Pola súa banda, Mari Carmen Hermo engadiu que “tiña moita ilusión con esta edición, hai persoas que repetiron dende a primeira. Isto é para celebrar a inclusión, moitísimas gracias”.

Pola súa banda, o rexedor explicou que “temos que dar os parabéns e as grazas a Ambar por realizar este evento e por todo o traballo que fan, como sociedade ten que sacarnos un gran orgullo. Temos que estar orgullosos como concello e como sociedade”.
Por último celebrouse un sorteo no que participaron todas as persoas inscritas. Sorteouse 1 vale de adestramento Ozono, 2 vales de fisioterapia María Martínez, 1 cesta de produtos Ambar, 1 cesta de produtos da Farmacia de Escarabote, 1 lote de libros da Librería Master, 1 bolsa para deportivas da Librería Master, 1 lote de gafas miradoiro ópticos e 1 vale de Kurama Boiro.
A xornada foi unha gran celebración, houbo actuación de Batukada da Academia Boa Vibra e Concerto do Grupo Leite con Jalletas nunha sesión vermú con pintxo solidario.

Palmarés
Categorías Inclusivas
Zapatilla inclusiva masculina
1. Javier García del Río
2. Moisés Calvo Viturro
3. Fernando Aderito Carvallo Lisboa
Zapatilla inclusiva femenina
1. Paula Ramallo Ozores
2. Marina Mondelo Piñeiro
Cadeira Masculina
1. Álvaro Illobre Saavedra
2. José Manuel De La Iglesia Martínez
Sub 18
Sub 18 Masculino
1. Mario Alcalde Rial
2. Javier Pérez Valeiras
Sénior
Sénior Masculino
1. Xacobe Fontán Martínez
2. Alberto Riveiro Lampón
3. Ernesto Triñanes Martinez
Sénior Femenina
1. Sara Gonzalez Silva
2. Noemi Vázquez Castroman
3. Sara Crujeiras Sampedro
Master 1
Femenino
1. Sabela Pensado Parada
2. Chus García Pena
3. Clara María Millares
Masculino
1. Victor Laíño Silva
2. Jose García Martínez
3. Sergio Rivas de Jesus
Master 2
Femenino
1. Lupe Santos Lampón
2. Sonia Ageitos
3. Sabela Varela Varela
Masculino
1. Juan Francisco Fernández Lijó
2. Luis Rosende Fuentes
3. Luis Vazquez
Master 3
Femenino
1. Elena Piñeiro Rodríguez
2. Josefa Martínez
Masculino
1. Jorge Manuel Pereira Pinto Lisboa
2. Juan Carlos Brión Lema
3. Jose Navarro Antón
Colaboradores
Concello de Ribeira, Ramiro Carregal, CONGALSA, Serdeco, Conresa, Tarrío y Suarez, Climafrío, Neumáticos Soto, Coaxial, Rebeca Ozores, Autos Outeiral, Muebles Muñiz, Gadis, Boiresa e hijos, Fariña Bretal, Pablo Ferreirós Vidal Avogado, Motor Boiro, Banca Mediolanum, Eclipse.
Ambar tamén agradeceu o apòio de persoas recoñecidas como Mila López Vernet, El Vuelo de Dani, Pedro Nimo del Oro, Álvaro Illobre, Susana Sampedro, Roberto Vilar, Leti da Taberna, Leite con Jalletas, Federico Pérez e Orgullo Galego.



