Unha traballadora sofre lesións graves nun brazo a causa dun accidente nunha conserveira de Carnota

13 Xullo 2024

A operaria presentaba danos importantes con posible amputación da man.

De feito, foi trasladada en helicóptero medicalizado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago despois de recibir os primeiros coidados no mesmo lugar do accidente.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, todo ocorreu apenas uns minutos máis tarde das oito da tarde de onte nunha conserveira do lugar de Freán, en Carnota. Unha máquina atrapou o brazo da operaria e, malia que foi liberada rapidamente coa axuda dos compañeiros e compañeiras, as lesión provocadas no brazo son graves. Mesmo con probabilidade de amputación da man. 

Deste xeito, a muller foi asistida e posteriormente trasladada por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero.

Tamén foron avisados os membros do GES de Muros e os axentes da Garda Civil. Con todo, cando o equipo de rescate chegou ao punto da emerxencia, a muller tiña o brazo liberado. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.