A praia de Broña e o Estaleiro de Ciprián renden homenaxe á danza e ao movemento co Festival Abanea

10 Xullo 2024

O Concello de Outes vén de presentar a segunda edición da celebración do Festival Abanea de movemento e danza no seu territorio. A axenda foi dada a coñecer por Anxo Núñez, concelleiro de Cultura, que destacou a beleza extraordinaria dos dous espazos elixidos para albergar as actuacións previstas no concello: a contorna da praia de Broña e o Estaleiro de Ciprián (Museo da Carpintería de Ribeira). “Para nós é un orgullo contribuír á exaltación da danza e a expresión en movemento”, sinalou o edil.

Podemos consultar a axenda completa na Rede.

O Festival Abanea celebrará entre o 17 e o 21 de xullo a súa terceira edición cun programa de danza e artes do movemento que distribuirá 16 funcións de 10 compañías entre os concellos de Foz, Outes, Ames, Marín e Allariz co apoio da Xunta. ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, espallará así a actividade do certame ás catro provincias e farao coa colaboración dos concellos participantes e a través dun convenio asinado coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

A cita (dobre) será o 18 de xullo. Mostrarase ao público (no Espazo Museístico da Carpintaría da Ribeira de Broña) La declamación muda, de Melania Olcina (Madrid), Premio Nacional de Danza 2023 e Drauma, de Paulina Espinosa e Mariana Oliveira (México-Portugal), gañadoras do certame de creación Sólodos en Danza de Costa Rica con esta peza.

Amais, presentarase no Museo o espectáculo Os ollos cara adentro de Cía Ixa e levarase a cabo, na contorna da praia de Broña, e levaranse a cabo os obradoiros Danza en familia de Laura Quintás e A danza como lugar de recreo (ás 18.00 horas, na contorna do areal, e se chove na Casa da Cultura de Outes).

Tamén está previsto que actúen Mounqup e Yeinner Chicas (vertente musical).

Outros artigos

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.