Outes presentou as Festas municipais do Santiaguiño 2024

07 Xullo 2024

Outes presentou o cartel e a programación das Festas Municipais do Santiaguiño 2024. Este ano, contarán cunha ampla variedade de actuacións musicais para todos os gustos. Como novidade, introducen o Día do Sancosmeiro, animando a toda a veciñanza a lucir o noso emblemático sombreiro nos concertos do 26 de xullo.

A programación musical inclúe as actuacións das orquestras La Oca Band, Grupo Origen e Orquestra Trebol. Ademais, terán concertos de:

  • Andrés Balado, con un tributo aos clásicos do rock
  • Xurxo Fernandes
  • De Ninghures
  • Escola Tradicional Municipal
  • Banda Municipal de Outes
  • E o esperado primeiro concerto do novo álbum de MARIÁN

Unha ocasión para gozar das festas con música para todos os públicos. A cita en Outes do 24 ó 28 de xullo.

PROGRAMA:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.