En Outes saída de vía cunha persoa ferida na C-550 ao seu paso polo Concello

03 Xullo 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 20:22 horas de onte, martes 2 de xullo, dunha saída de vía na estrada C-550 á altura do punto quilométrico 67 ao seu paso por Ribademar, no Concello de Outes.

A incidencia foi ocasionada por unha saída de vía á marxe dereita, onde o coche foi por unha cuneta ata bater cun recolledor de auga de formigón, quedando o coche encima deste. A persoa ocupante resultou ferida pero non estaba atrapada.

O operativo consistiu en asegurar o vehículo, desconectándolle a batería. Nel participaron tamén a Garda Civil, o 061, o GES de Noia e voluntarios de Protección Civil de Outes

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro xunto co 061, H3, Garda Civil, PC de Outes e Ges Noia en accidente con feridos no Concello de Outes. Bombeiros Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.