Ambar celebra o día 14 de xullo en Coroso a edición especial do 10º aniversario da súa Carreira pola Diversidade

01 Xullo 2024

A asociación inclusiva da nosa comarca Ambar, con sede principal en Ribeira, compartiu este 1 de xullo os detalles da décima edición da súa Carreira pola Diversidade, que se celebra o día 14 deste mes na contorna da praia de Coroso. A encargada da presentación foi Milagros Rey, presidenta da entidade, xunto con Joserra Figueira, responsábel da área de Deporte de Ambar; Moisés Calvo e Paula Ramallo integrantes do Equipo de Running de Ambar.

O equipo da asociación estivo acompañado durante o acto de Luis Pérez Barral, alcalde do Concello de Ribeira e Xabier Vidal Peón, concelleiro de Deporte.

Segundo fixeron saber, as inscricións da carreira permanecerán abertas ata o martes día 9 ás 23:59h. Pode realizarse na páxina cronotec.es e na mesma plataforma está dispoñíbel a posibilidade de facer unha doazón solidaria a través do Dorsal 0.

O evento terá lugar o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso – Ribeira. Como complemento ás modalidades das categorías absoluta e inclusiva da carreira tamén se ofrece a posibilidade de realizar unha andaina con mascotas, a cal iniciarase dez minutos despois de comezar a carreira e consta dunha distancia de 3,3 km.

Décimo aniversario

Segundo explicaron, “esta edición será moi especial xa que a Carreira pola Diversidade cumpre 10 anos”. A xornada estará acompañada polo grupo local Leite con Jalletas e complementarase cunha actuación de batucada da man da Academia Boa Vibra, tamén da nosa comarca.

Recadación

Cada ano Ambar dispón de bolsas para aquelas familias con baixos recursos, que están a espera de resolución de praza pública para axudarlles a costear os servizos de atención diúrna. “Para o ano 2024 un 7,50% das persoas usuarias están nesa situación de espera motivada por atrasos nas valoracións de dependencia de casos que deberían ser tramitados pola vía de urxencia”, explicaron dende Ambar, engadindo que “as persoas que participen estarán contribuíndo, a través da súa inscrición, ó fondo para bolsas, coa finalidade de que estas persoas poidan costear os servizos que precisan para promover a súa autonomía persoal”.

Milagros Rey aproveitou a presentación para agradecer ao Concello todo o apoio en todas as edicións que se levaron a cabo neste evento e a favor do deporte inclusivo, e especialmente este ano que están de celebración.

Tamén tivo palabras de agradecemento para o apoio das empresas colaboradoras que axudan “a facer posíbel esta iniciativa”, e aos medios de comunicación que dan visibilidade ós proxectos que Ambar leva á comunidade.

Xabier Vidal, agradeceu á asociación polo seu traballo cos usuarios e familias máis pola promoción de esta proba e a implicación noutras probas diferentes que se desenvolven durante o ano.

Luís Pérez loou o labor e implicación de Ambar, “porque sen esa implicación non sería posible que Ribeira fora pioneira en este tipo de probas”. Tamén agradeceu ao tecido empresarial de Ribeira por colaborar demostrando unha importante sensibilización social.

Cronograma da X Carreira pola Diversidade

9:00 h Reparto de dorsais

10:00 h Comeza a categoría absoluta coa distancia de 5Km

10:10 h Batukada a cargo de Boa Vibra e saída da andaina de 3,3 Km

11:00 h Categoría de 13 a 15 anos cunha distancia de 2Km

11:30 h Categoría de 10 a 12 anos, ten unha distancia de 1Km

11:50 h Categoría de 8 a 9 anos, distancia de 500 m

12:00 h Categoría de 6 a 7 anos, distancia de 300 m

12:10 h Categoría de 0 a 5 a nos, cunha distancia de 100 m

12:30 h Entrega de premios 13:00 h Sesión Vermú ca música de Leite con Jalletas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.