A heroica e épica descuberta das terras galaicas chega á Pobra da man de Malasombra

10 Febreiro 2020

Este domingo 19 de febreiro temos na Pobra unha cita humorística e teatral para marcar na axenda. Trátase da representación do espectáculo Go on!, da compañía Malasombra, que nos trae á Pobra (ás 19.00 horas no Elma) unha cometida protagonizada por Xoque Carbajal e Jouse García que promete ser unha boa oportunidade para poñer en práctica, da man dos ditos actores e do director Marcos Orsi, o tan saudábel deporte de rirnos de nós mesmos.

O argumento da obra xira arredor dun mundo utópico (ou distópico) moi semellante ao noso pero ao que lle queda pendente unha materia moi importante en materia de descubrimentos xeográficos e científicos: poñer o pé en Galiza. Así é como dous “intrépidos exploradores tiveron o valor de penetrar nas descoñecidas terras galaicas a través do itinerario xacobeo”. Segundo nos contan dende Malasombra, Go on! documenta polo miúdo as súas proezas, e faino dun xeito tan impactante que, en palabras da compañía, deixa os aventureiros de Al filo de lo imposible á altura duns simples boyscouts. E proseguen: “O espectáculo é unha emocionante novela de aventuras en que os seus protagonistas viven situacións extremas como o terríbel ataque do desapiadado can de palleiro”.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.