Esta “finde” a Escola de Música de Rianxo celebra o seu Festival de Verán

26 Xuño 2024

A vindeira fin de semana celebrarase o Festival de Verán 2024 da Escola de Música de Rianxo. Desenvolveranse en catro sesións en dúas xornadas, no Campo de Arriba e máis no Auditorio Municipal. A primeira quenda será o sábado 29 de xuño ás 11.30 horas, cando actuará o alumnado das aulas de frauta, óboe, saxofón, trompeta, percusión e banda infantil, no Campo de Arriba. A segunda quenda será este mesmo sábado 29 de xuño, tamén no Campo de Arriba, ás 19.00 horas, coa actuación do alumnado das aulas de fagot, clarinete, bombardino, trombón, tuba e iniciación musical.

A terceira quenda será o domingo 30 de xuño, ás 11.30 horas, no Auditorio Municipal de Rianxo. Actuarán as alumnas e alumnos de canto, guitarra, violonchelo, violín, contrabaixo, baixo eléctrico, conxunto de cordas e combo infantil.

A última actuación será a da aula de piano, no Auditorio de Rianxo o domingo 30 de xuño ás 18.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.