A Dorna será do 17 ó 24 de xullo

10 Febreiro 2020

As peñas dorneiras reuníronse este sábado e decidiron que a cor deste ano será o gris claro. Na xuntanza deuse a coñecer á nova directiva encabezada por Ramón López Martínez. Ase mesmo decidiuse que o 14 de marzo sea a cea benéfica coa que queren seguir recadando cartos para as axudas sociais que esta entidade ben facendo desde hai anos e que é a orixe da festa en 1948.
A asemblea celebrada na Casa do Mar de Ribeira serviu para convocar catro iniciativas que terán lugar en datas previas á Festa da Dorna o venres día 24 de xullo, festivo local en Santa Uxía o que fará que o ser tamén festivo o 25, se cree unha macroponte de 3 días que pechara todo o comercio, industria e o sector servicios riberense.
Dúas das iniciativas van dirixidas a ilustradores que terán ata o 29 de marzo para facer chegar as súas propostas de cara o cartel e tamén o debuxo dos suadoiros, os gañadores obterán un premio de 400 euros cada un deles. Outra das convocatorias é o deseño dos trofeos que recibirán as 10 peñas gañadoras e as 140 medallas. Como no caso anterior o prazo remata o 29 de marzo
Por último a derradeira das convocatorias será para os músicos, pretendese que fagan unha canción dedicada á Dorna e o prazo remata o 5 de xullo. Topda a infomación está en festadadorna.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.