Chega ao Son unha mostra que reivindica a beleza sen filtros das mulleres da residencia DomusVi de Bóveda (Lugo)

21 Xuño 2024

A Casa da Cultura de Porto do Son acolle este venres 21 de xuño a inauguración da exposición fotográfica e audiovisual Invisibles, belezas diversas e sen filtros de mulleres usuarias da residencia DomusVi de Bóveda. A entrada será libre. A mostra estará no dito recinto até o 12 de xullo. A proposta vén da man de Carmen Vázquez Fernández (educadora social) e Carolina Cotón Díaz (fotógrafa). Organiza o Concello de Porto do Son.

A mostra Invisibles foi realizada por 14 usuarias da residencia para persoas con discapacidades xestionada por DomusVi en Bóveda, na provincia de Lugo. Nas imaxes as mulleres mostran toda a súa beleza, sen barreiras nin filtros. A exposición reivindica e visibiliza ás mulleres con discapacidade que viven nos centros residenciais, grandes esquecidas e invisíbeis.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.