Portos de Galicia outorga á Confraría de Aguiño unha concesión para a explotación da nave de redes

20 Xuño 2024

Portos de Galicia vén de outorgar unha concesión administrativa a favor da Confraría de Pescadores de Aguiño, no municipio coruñés de Ribeira, para a ocupación e xestión da nave de redes, de titularidade do ente público. A concesión contempla un período de vixencia de 10 anos prorrogables noutros 5.
O título administrativo contemplará a aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia para a exención do 95% das taxas por ocupación de edificios de naves de redes cando presten servizos xerais aos usuarios do porto. Por este motivo, a confraría abonará 1.000 euros anuais polo uso dos máis de 2.300 metros de superficie do edificio.
Ademais Portos de Galicia vén de iniciar esta mesma semana obras de mantemento da nave. En concreto o ente público está a actuar sobre os piares que precisaban reparación e parcialmente na cuberta para evitar filtracións de auga ao interior. O investimento nesta actuación é de máis de 60.000 euros.

Outros artigos

Declarado un incendio nun inmoble da parroquia ribeirense de Olveira

Interveñen de urxencia nun incendio declarado nunha vivenda na parroquia de Olveira, en Ribeira Bombeiros Ribeira Un operativo conxunto de emerxencias mobilizouse na parroquia de Olveira, no termo municipal de Ribeira, tras declararse un incendio no interior dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.