Yaíza García Pérez, Uxía Sampedro Pérez, Lucía Mariño Gonzalez e Laura Santos Rey reciben as súas bolsas deportivas no Concello

20 Xuño 2024

Este xoves 19 de xuño celebrouse o acto de recepción das bolsas para o deporte do Concello de Ribeira, na que asistiron coma beneficiarias, Yaíza García Pérez, Uxía Sampedro Pérez, Lucía Mariño Gonzalez e Laura Santos Rey.


O alcalde Luís Pérez , o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal e o concelleira delegada de Economía e Facenda, Herminia Pouso procederon á entrega das bolsas para o deporte nun acto onde tamén se sumaron os pais e familiares das deportistas. Xabier Vidal abriu acto dicindo que “dende o Goberno queremos apoiar o fútbol feminino, que é moi importante o visibilizar a todas as rapazas que temos na cidade acadando éxitos”. Pérez Barral felicitou ás deportistas pola súa traxectoria xa que, segundo dixo, “adestran
moi duro” e aventurou que serán capaces de recoller “o froito de tantas horas de dedicación e esforzo”.

Currículo das futbolistas

–Uxía Sampedro Pérez actualmente é xogadora do Victoria F.C.na primeira división galega feminina. Campioa da selección Galega da Fase Plata Sub-15 do campionato de España.

-Laura Santos Rey actualmente é xogadora do Orzán S.D. (filial do Deportivo) tamén ten xogado co Deportivo B. Subcampioa ca selección Galega da Fase Oro Sub-17 do campionato de España

-Yaíza García Pérez actualmente é xogadora do Orzán S.D. (filial do Deportivo) tamén ten xogado co Deportivo B coma Laura. Subcampiona ca selección Galega da Fase Oro Sub- 17 do campionato de España.

-Lucía Mariño Gonzalez actualmente é xogadora do Deportivo B da 3a Federación de fútbol feminino.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.