Distincións ao voluntariado das bibliotecas escolares dos CEIP de Louro e Outes

18 Xuño 2024

Este luns 17 de xuño a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, acudía ao Colexio Plurilingüe Seis do Nadal (Vigo) para premiar co Selo Biblioteca Escolar Solidaria, un galardón concedido pola Xunta para recoñecer a centros cuxas bibliotecas traballan de xeito salientábel a igualdade de oportunidades e fomentan o voluntariado cultural e social entre os seus integrantes. O mesmo recoñecemento recibiron o CEIP Plurilingüe San Marcos (Abegondo), o CEIP Plurilingüe de Chancelas (Poio) e o CEIP Plurilingüe Frián-Teis (Vigo), así como o Centro Integrado de FP Compostela (Santiago).

Os cinco realizaron unha planificación da biblioteca solidaria sobre problemas reais que afectan á comunidade educativa, e que se poidan orientar arredor dos obxectivos da Axenda 2030 da ONU para o Desenvolvemento Sustentábel.

Os premios que recibirán os ditos colexios serán: unha asignación de 1.500€, que deberá destinarse a actividades da biblioteca escolar no eido da atención da diversidade para facilitar avances na configuración dunha biblioteca inclusiva ou en relacións aos obxectivo da Axenda 2030 e con implicación das familias.

Asemade, recoñecéronse outras 10 experiencias na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar entre as bibliotecas dos centros de Educación Primaria, desenvolvido en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Falamos dos colexios: CEIP Bergantiños (Carballo), CEIP Plurilingüe de Louro (Muros), CEIP Plurilingüe de Outes (Outes), CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober), CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo), CEIP Plurilingüe Montemogos (Bueu), CEIP do Foxo (A Estrada), CEIP Fermín Bouza Brey (Ponteareas), CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa) e CEIP O Piñeiriño (Vilagarcía de Arousa).

Desta volta, os premios para estes centros serán: unha asignación de 600€ para o desenvolvemento dun obradoiro especializado sobre lectura expresiva, narración oral, escrita creativa, a radio como medio de comunicación, a elaboración de booktrailers (pezas audiovisuais de presentación dun libro), os xogos cooperativos ou a música e danza tradicionais.

A finalidade destes recoñecementos é estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria, a través de actividades como as lecturas compartidas dentro e fóra do centro (na vila, con outros centros, coa biblioteca pública ou outras institucións do concello, por exemplo), así como as accións de acompañamento na lectura a outros compañeiros do propio colexio, denominados como apadriñamentos e amadriñamentos lectores.

Cómpre sinalar que o número de centros que participan no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias incrementouse este curso e son 89 os centros que o desenvolven na modalidade de voluntariado escolar para 5º e 6º de Primaria, un 20% máis ca no 2022/23.

Na modalidade de Secundaria e outras ensinanzas hai 132 centros integrados no programa, un 15% máis ca no curso anterior.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de publicar tamén as convocatorias do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e dos Clubs de Lectura para o vindeiro curso. No caso do PLAMBE, poderanse incorporar 25 centros novos a este programa, que este curso chega aos 842 centros educativos de toda Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto até o 18 de xullo e, como é habitual, a convocatoria incide na adquisición de fondos nas librarías de proximidade e dá prioridade aos centros do rural.

O departamento educativo da Xunta pretende superar os 450 centros no programa de Clubs de Lectura o vindeiro curso. Como novidade, este curso haberá unha modalidade de nova incorporación e outra de continuidade, aínda que os centros que xa participaron noutros cursos non terán que achegar un novo proxecto para este ano. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto até o 4 de outubro. Poderán participar os centros que inclúan un club de lectura na programación de actividades da biblioteca escolar en tempos de lecer ou horario extraescolar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.