Ribeira inaugura a V Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico

14 Xuño 2024

Este venres 14 de xuño inaugurouse na praza de España de Ribeira a quinta edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, unha cita impulsada e organizada pola Asociación de Empresarios local que non quixeron perder o alcalde de Ribeira Luís Pérez Barral, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, o senador Manolo Ruíz, o presidente da patronal ribeirense, Francisco Martínez Gude, os tenentes de alcalde e concelleiros da Corporación Municipal no acto inaugural.

Ao redor dun centenar de vehículos danse cita desde hoxe e ata este domingo, día 16 de outubro, na praza de España, en Ribeira, na que tamén poderemos ver vehículos novos, con quilómetro 0 e de xerencia. A entrada ao recinto onde están expostos os vehículos é novamente gratuíta. Ademais, o horario é ininterrompido.

Inauguración da feira na praza de España. Fotos de José Manuel Martínez.

O alcalde ribeirense participou na inauguración da feira salientando “o esforzo e dedicación da Asociación de Empresarios”, a quen lle agradeceu especialmente polo seu incansábel labor e visión de futuro.

Pérez Barral convidou a percorrer as casetas, participar nas actividades e, sobre todo, a reflexionar sobre como “podemos contribuír a cambiar a mobilidade ao tempo de deixar un planeta máis sustentábel para as xeracións futuras”.

Tamén incidiu en que eventos como este, demostran o poder da colaboración institucional entre distintas administracións e empresas para dinamizar as rúas e comercios do municipio. “Dende o Concello imos apoiar iniciativas que xeren dinamismo económico e social”, engadiu.

Sorteo de 600 euros e dunha finde eléctrica

Nesta edición da campaña a patronal vai sortear 600€ en tarxetas regalo para gastar entre os concesionarios participantes entre todos os tíckets de compra dos establecementos asociados que se suban á web da asociación (www.empresariosriveira.com) e estean selados na Feira do Automóbil.

A maiores, sortearase unha “fin de semana eléctrica”, un sorteo dunha fin de semana cun vehículo eléctrico. Esta iniciativa será posíbel grazas á contribución das marcas participantes.

Participan as seguintes marcas (un total de catorce): Opel, Jeep, Fiat, Citroën, Peugeot, Audi, BMW, Toyota (Compostela Móvil), Lexus (que se incorpora por vez primeira na Feira ribeirense), Mercedes, Kia, Skoda, Ford e Hyundai.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.