Alfonso Rueda, Ángeles Vázquez, Xosé Merelles e Luís Pérez visitan as obras de rehabilitación do Faro de Sálvora

06 Xuño 2024
Fotos de David Cabezón

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou este xoves 6 de xuño o papel da actividade turística na posta en valor do patrimonio e dos bens culturais. Así o manifestou na visita que fixo ás obras do Plan de Revalorización do Faro da illa de Sálvora, acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral. Segundo explicou Rueda, trátase dunhas dirixidas á restauración estrutural do faro para convertelo en centro de observación turístico-científica. Con este proxecto darase “un novo pulo á divulgación científica e á promoción da fauna e flora da zona”, engadiu, poñendo o foco na vontade de “facelo mantendo a esencia do lugar”.

O presidente da Xunta tamén destacou o plan de rehabilitación de 12 Bens de Interese Cultural, que vai incluído no Plan Xacobeo Next Generation, como paso crucial para avanzar no coidado e mantemento do patrimonio galego: “Temos uns tesouros aquí que hoxe poñemos un pouco máis en valor”, afirmou.

O mandatario galego reivindicou ademais “o bo momento do turismo galego” e dixo que “hai menos de catro anos non sabíamos cando ía a recuperarse o turismo e este ano estamos en camiño de superar os oito millóns de visitantes… No que levamos de ano, aloxáronse máis de 1,3 millóns de viaxeiros, o turismo internacional continuou medrando, cun ritmo do 5%, e o sector hoteleiro está a rexistrar os seu mellores datos económicos”.

Respecto das obras que se están a realizar no faro, van destinadas a dotalo dun uso complementario ao existente (sinal marítimo), e que forme parte dun plan turístico. Trátase de rehabilitar o edificio do faro e adecualo ao novo uso respectando a súa estrutura; a substitución da carpintería de madeira (interior) e de aluminio (exterior) de vidros simples por unha carpintería de aluminio anodizado cor burdeos, a faces interiores con dobre vidro, encaixado como a primitiva madeira; limpeza de cantería, rexuntado e hidrofugado.

Esta actuación dispón dun investimento pos 1,5 millóns.

Por parte do Concello de Ribeira, acudiu á illa o alcalde Luís Pérez Barral, acompañado do segundo tenente de alcalde, Francisco Suarez-Puerta,a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes. O rexedor deu a benvida ao presidente e ás demais autoridades para logo facer unha explicación dos valores ambientais, culturais e históricos da illa: “Sálvora, é unha xoia natural do noso país que atesoura un rico patrimonio natural que dende hai séculos a nosa xente utilizou e segue a utilizar como medio de vida, extraendo peixe e marisco das súas augas”.

Engadiu que a illa conta con moita historia pero o rexedor salientou o naufraxio do vapor Santa Isabel en 1921, unha traxedia que cobrou 213 vidas. “No medio da escuridade e o caos, catro mulleres valentes erixíronse como Heroínas de Sálvora, salvando a 48 náufragos e demostrando o espírito humanitario da nosa xente” aseverou. Pola súa valente acción, o Concello de Ribeira foi distinguido como cidade “moi leal, moi nobre e moi humanitaria”, un recoñecemento “que levamos con grande honra e respecto” declarou Barral.

E engadiu: “Investir no noso patrimonio e na seguridade dos navegantes que sucan as nosas augas é algo de valorar. É por iso que saudamos positivamente este proxecto de rehabilitación do Faro de Sálvora”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.