O BNG anima en Corrubedo a “que Galiza teña voz propia en Europa”

05 Xuño 2024

A Casa do Mar de Corrubedo acolleu este martes 5 de xuño un acto público do BNG no que se fixo un chamamento “á mobilización masiva o próximo domingo” para encher as urnas coa papeleta do “do equipo da casa” e “que Galiza conte así cunha voz firme que defenda os intereses dos galegos e das galegas na Unión Europea”. Na cita participou a concelleira e candidata Antía Alberte, o alcalde de Ribeira Luís Pérez e a deputada do BNG, Rosana Pérez.

Antía Alberte analizou a importancia de votar nestas eleccións europeas xa que, segundo dixo, “xogámonos moito nestas eleccións” e apelou ao conxunto da cidadanía a votar “con ilusión” pola “candidatura de país que representa o BNG”, que, apuntou, “sempre vai dar a cara polos galegos e as galegas”. Ademais, Alberte incidiu en que “os nacionalistas traballarán por acadar unhas normativas ambientais que protexan a natureza de Galiza ao tempo que se ten en conta o punto de vista social e económico”. 

Pola súa parte, o alcalde ribeirense, Luís Pérez Barral, defendeu “o dereito de Galiza a decidir en Europa con voz e voto sobre todos aqueles asuntos que lle afectan directamente, como é o caso da pesca, que exemplifica”, dixo, “o moito que se xoga o país nas eleccións europeas”. Pérez Barral, asegurou que “o sector pesqueiro enfronta enormes retos: cotas de pesca, normativas que non sempre teñen en conta as nosas especificidades, proxectos ameazantes como a eólica mariña en caladoiros ou megacelulosas como Altri que poden danar o río Ulla e a ría de Arousa”. Nestas circunstancias, comentou, “necesitamos alguén que defenda a nosa posición con firmeza, coñecemento e paixón. Ana Miranda e o BNG fixérono e a partir do 9 de xuño farano con máis apoios”.

A deputada no Parlamento galego encargada de asuntos do mar, a pobrense Rosana Pérez, recordou que “en Europa decídese dende canto pode pescar a frota galega, ata o ancho e longo dos seus barcos, pasando por un reparto de cotas inxusto ou por tentar eliminar as redes do xeito sen saber que son precisamente as máis sostíbeis; e non o conseguiron porque alí estaba Ana Miranda defendendo a pesa galega, dándolle voz aos mariñeiros, ás redeiras e a todo o sector”, recordou, engadindo que”Galiza é unha nación pesqueira e a xente do mar non pide axudas nin subvencións para desguazar barcos, pide vivir do seu traballo como leva facendo xeración tras xeración”. Pérez argumentou tres grandes motivos polos que escoller o BNG; “primeiro porque é o partido que máis fala dos temas que importan aos galegos e galegas; segundo porque seremos unha barreira fronte o belicismo e a ultradereita e terceiro porque é garantía de defender a paz e as causas xustas”. Por iso, concluíu a súa intervención animando á cidadanía a “coller a papeleta” nacionalista, a da “candidatura 100% galega”, como a única que garante o compromiso inequívoco cos intereses de Galiza e dunha Europa social, antifascista e que aposte pola paz nas relacións internacionais.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.