Foi atopada nunha pista forestal do monte de Cubelo por un ciclista que formaba parte do dispositivo montado para tratar de localizala
——–
Un amplo dispositivo de procura púxose en marcha na Pobra do Caramiñal para localizar a Juana Villanustre, da Ribeiriña e que se perdeu en San Isidro (A Pobra do Caramiñal).

Ten 74 anos que falta do seu domicilio desde a noite deste sábado. A alerta foi dada polos familiares sobre as 22:00 horas, aínda que todo indica que a muller saíu da súa casa, situada na zona da Ribeiriña, ao redor das seis da tarde para dar o seu habitual paseo.
Segundo os testemuños, unha veciña viuna preto do cemiterio de San Isidoro de Posmarcos aproximadamente ás 21:00 horas. A muller adoitaba percorrer case diariamente o traxecto desde o seu fogar ata a igrexa parroquial, pero nesta ocasión non regresou.
Tras recibir a alerta, axentes da Policía Local da Pobra iniciaron de inmediato a procura na zona. A operación conta ademais coa participación dunha patrulla da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil, quen está colaborando intensamente para atopar á desaparecida.
O despregamento mantense activo e as autoridades solicitan a colaboración cidadá, pedindo a calquera persoa que teña información relevante que se poña en contacto coa Policía Local ou a Garda Civil.



