A Deputación loce o potencial turístico das comarcas coruñesas na Semana Verde de Silleda

30 Maio 2024

A área de turismo da Deputación da Coruña exhibe o potencial turístico da provincia na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que comezou este xoves 30 de maio en Silleda e remata o vindeiro 2 de xuño.

Faino cun stand propio no que ofrece información sobre os 8 xeodestinos: Ferrolterra; As Mariñas; Costa da Morte; Terras de Santiago; Ría de Muros – Noia; Barbanza – Arousa;  Terras da Comarca de Ordes e Ulla – Tambre – Mandeo.

“Estes 8 xeodestinos nos o reflexo da diversidade da nosa provincia” apunta o vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, engadindo que “queremos presumir desta diversidade que nos fai únicos, cunha oferta turística que inclúe destinos de costa, de interior, de montaña, urbanos e rurais… E a moi poucos quilómetros de distancia”.

“Na provincia da Coruña”, explicou, “ofrecemos un turismo de calidade, que aposta por manter a autenticidade e xerar oportunidades no e para o territorio. E por iso, en feiras como esta, vendemos este turismo sostible dende o punto de vista non so ambiental, senón tamén económico e social”.

A Deputación da Coruña participa, así, noutro evento no que promociona a riqueza turística e gastronómica da provincia, sumándose a outros como FITUR, Madrid Fusión ou o Fórum Gastronómic de Barcelona, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.