O Concello de Muros pecha con éxito de participación (máis de 3.000 espectadores) a XVI Mostra de Teatro Xosé Agrelo

27 Maio 2024

O Concello de Muros pechou a XVI Mostra de Teatro Xosé Agrelo, organizada pola Concellería de Lingua. Fíxoo cun “balance moi positivo” pola calidade das representacións e, tamén, pola masiva asistencia ás obras, superando os 3.000 espectadores.

“Queríamos que na mostra deste ano os grupos locais tiveran unha presenza moi importante, aínda que tamén estiveron grupos de fóra”, explicou a alcaldesa, María Lago, quen recoñeceu que “o resultado foi mellor do esperado, con moita expectación e moitos veciños e veciñas implicadas na mostra”.

Ademais, outra das novidades, moi ben acollida pola veciñanza, foi o propio cartaz da mostra, protagonizado por actores e actrices locais e que o Concello quixo que “servira como unha homenaxe ao tecido teatral local”.

Pola súa banda, Laura Rivadeneira, concelleira da Lingua, amosou a súa satisfacción “por que o teatro chegou a todos os nenos e nenas de Muros; nesta mostra, todo o alumnado do noso termo municipal asistiu a algunha representación”.

Ademais das obras, o concello participou este ano no acto da ofrenda a Xosé Agrelo na Alameda de Esteiro, organizado por O Xeito Teatro o Día das Letras Galegas. “Desde xa comezamos a traballar na mostra do ano 2025, co bo recordo que nos deixa este mes de maio de teatro e reivindicación da nosa lingua”, engadiu Rivadeneira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.