A Casa de la Troya organiza novas visitas culturais teatralizadas polo centro histórico de Santiago

27 Maio 2024

O Museo Casa de la Troya vai celebrar novos roteiros troyanos, visitas culturais teatralizadas polo centro histórico compostelá, en colaboración coa Deputación da Coruña. O primeiro terá lugar este venres, 31 de maio. Os seguintes están previstos para o 14 de xuño, o 26 de xullo, o 16 de agosto, os días 12 e 19 de setembro e os días 4 e 11 de outubro.
Esta iniciativa poñíase en marcha hai sete anos con grande éxito entre o público de todas as idades. Benigno Amor é o presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo. Explica que “estes roteiros culturais dramatizados por diferentes rúas e prazas do casco antigo de Compostela buscan achegar aos participantes, de maneira amena e divertida, os feitos históricos relativos ao tempo no que transcorre a novela de Pérez Lugín La Casa de la Troya”. Durante o percorrido explícase como era a cidade entón, os usos sociais hoxe desaparecidos e tamén se afonda nas personaxes e anécdotas da época. “Retomamos deste xeito unhaactividade cunha magnífica repercusión, que comezamos en 2017 co obxectivo de sacar o museo á rúa” -indica Amor-.
Estes roteiros parten da praza de Mazarelos, ás 19:00 horas. O número máximo de participantes é de 1 persoas por roteiro e o prezo é de 5 €. Para os menores de 16 anos é de 2 €. Os interesados en participar nesta actividade deberán facer a súa reserva a través dos teléfonos (981 585 159 / 695 211 266) ou do correo electrónico do Museo ( visitas@lacasadelatroya.gal ) .
O percorrido remata na Casa de la Troya, onde os asistentes terán a oportunidade de facer unha visita guiada pola vella pensión de estudantes. Cada roteiro ten unha duración aproximada de unha hora e media, finalizando sobre as 20:30 horas.
Estas visitas guiadas ofrecen a posibilidade de viaxar no tempo ata a Compostela de finais do século XIX da man de Casimiro Barcala, o estudante recreado por Pérez Lugín na súa novela; interpretado por Suso Martínez, historiador, guía turístico, divulgador e actor especializado na historia de Galicia. Nesta actividade combínase a información cultural e histórica co humor, vencellando os lugares que se visiten coa trama do libro.
Horarios do Museo
Nestas datas a Casa de la Troya abre de xoves a sábado, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Todas as visitas son conducidas polas guías do museo e teñen unha duración de entre 20 e 25 minutos, en grupos de dez persoas máximo.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.