A Marea de Noia insta ao alcalde a “informar á cidadanía sobre o uso e consumo da auga municipal”

14 Maio 2024

O responsábel da Marea de Noia, Manolo Seijas, reclamou ao alcalde Santiago Freire que “emita unhas directrices sobre o consumo da auga para consumo”. Fíxoo logo de que o Concello emitise unha comunicación pedindo “cautela” á veciñanza sobre o uso e consumo da auga. Seijas apuntou que “semella incríbel que se pida cautela e que 15 horas despois non coñezamos se se pode consumir ou non”. Asemade, di ter recibido chamadas de centros comunitarios, hostalería, perruquerías e outros sectores implicados “que chamaron ao Concello de Noia” e que, segundo dixo, “non tiveron unha resposta sobre o uso e que mostran moita preocupación sobre esta situación”. A Marea recorda que no máis recente pleno da Corporación aprobouse unha proposta para mellorar o plan de autoprotección e a vixilancia dos ríos. O grupo sostén “que o Goberno local non convocou aínda unha xuntanza relativa a esta proposta”.

Outros artigos

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.