Unha marea solidaria verde marchará contra o cancro na Pobra o vindeiro 19 de maio

09 Maio 2024

A Pobra do Caramiñal emprenderá unha andaina solidaria contra o cancro no 19 de maio. A saída está fixada para as 10.30 horas dende a praza Alcalde Segundo Durán e existen dúas alternativas de percorrido: a grande e a mini. Trátase dunha cita que organiza a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro da Pobra coa colaboración do Concello, ademais do patrocinio de varias empresas.

No acto de presentación celebrado este xoves 9 de maio, a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, animou toda a veciñanza a sumarse para que “a cor verde tinga esta xornada de esperanza en formato de marcha contra o cancro” sinalou, engadindo que “queremos contribuír a ese obxectivo marcado pola Asociación Española Contra o Cancro de acadar o 70% de supervivencia no cancro en 2030, e para lograr esa meta é imprescindíbel o apoio á investigación oncolóxica, o incentivo de accións de prevención e a atención a pacientes e familias. De aí a importancia deste tipo de iniciativas solidarias para recadar fondos. Por iso, o Concello da Pobra do Caramiñal amosa o seu compromiso cun dispositivo loxístico e de seguridade co fin de garantir o correcto desenvolvemento desta andaina”.

Pola parte da xunta local da AECC asistiron Teresa Pérez, presidenta; Mariola Domínguez, secretaria; Ángeles Sanjurjo, tesoureira; e Rita Santiago, vogal. Antes do inicio do itinerario contarase cunha exhibición de alumnado da clase de Batucada Marcos Outeiral e, no remate da xornada, haberá actividades para as crianzas e a actuación de DJ Jalaiko.

A andaina grande consta dun circuíto de 10 quilómetros que pasa por Tarrío, Quintáns, Gonderande, A Pontenaveira, a torre de Xunqueiras, Caíños, A Corna, Cabío, O Xobre, o paseo dos Areos e regreso ao punto de partida.

Doutra banda, o pecorrido mini sitúase nos 5 quilómetros que discorren por Tarrío, Quintáns, Gonderande, A Pontenaveira, o paseo da Xunqueira, o paseo dos Areos e volverase á referida praza.

Disporase de avituallamento final.

As inscricións teñen un prezo de 5 euros por persoa adulta e de 3 euros para a rapazada ata 12 anos. O recadado irá destinado para a investigación, prevención e loita contra esta enfermidade. O trámite pódese formalizar en liña ou de maneira presencial nos seguintes establecementos locais: Farmacia María Abeijón, Farmacia Tato, Farmacia Elsa Peñaranda Martínez, Farmacia Manuela Barrosa, Atmosfera Sport Maniotas/Sportmoda, Muebles Lijó ou nas mesas informativas da entidade habilitadas na praza de Maura aos mércores e sábados, das 11.00 ás 13.30 horas, e aos domingos, dende as 11.30 ata as 14.00 horas.

A organización explicou que quen non poida asistir, pero desexe igualmente achegar o seu gran de area á causa, pode adquirir o dorsal solidario a través da web. Polo momento, hai máis de 200 persoas inscritas e agárdase acadar a cifra das 450, polo cal se poderán sumar a esta iniciativa solidaria ata o propio día do evento.

A presidenta da xunta local da AECC aproveitou a ocasión para lembrar que en Ribeira cóntase cunha sede de ámbito comarcal. Alí pódense coñece-los servizos e recursos: atención psicolóxica, atención social, logopedia, préstamo de perrucas e material ortoprotésico. A súa localización é na rúa Estatuto, número 1, fronte ao colexio Galaxia. Tamén se dispón do teléfono gratuíto 900100036.

Outros artigos

Atopan o corpo sen vida dunha persoa aboiando no mar en Cee

O cadáver foi localizado por un particular na tarde deste venres na zona do antigo estaleiro, na rúa da Mariña. Os servizos de emerxencia rescataron na tarde deste venres, 27 de novembro, o corpo sen vida dunha persoa que apareceu aboiando no mar no municipio coruñés...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...