Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, en Padrón

07 Maio 2024

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á altura da parroquia de Carcacía, no concello de Padrón.

Na chegada ao lugar, os bombeiros identificaron a orixe do lume nun tractor que estaba ardendo á beira da vía, provocando que o lume se propagase a unha masa forestal anexa. O operativo despegado consistiu na extinción tanto do vehículo como do terreo, así como na posterior comprobación das medicións térmicas para desbotar unha posible reactivación do lume e na limpeza da vía.

A Garda Civil de Tráfico de Santiago de Compostela e o GES de Padrón completaron o operativo. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.