O rianxeiro Xosé Ricardo Losada recibe en Noia o premio Avilés de Taramancos por “Un inferno frío”

06 Maio 2024
O autor nunha imaxe de Nós Diario da autoría de R.S.

Xosé Ricardo Losada, profesor e escritor rianxeiro, foi distinguido este sábado en Noia co premio do XXII Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos polo seu traballo Un inferno frío, editado polo selo local Toxosoutos e con ilustracións de Xosé Luís Veiras Manteiga. O premio consistiu na publicación do libro e 3.000 euros en metálico. O libro foille entregado a Xosé Ricardo Losada por Veiras Manteiga e a contía do premio polo concelleiro de Cultura Pepe Pérez. Alén do devandito, recibiu unha escultura do artista local Alfonso Costa da man do escritor ribeirense Antonio Piñeiro.

Sinopse de Un inferno frío

Don Faustino, un crego alternativo e humanista, morre en estrañas circunstancias na parroquia conservadora da Balvanera nun contexto de forte represión política nunha ditadura militar.

A comunidade galega en Bos Aires, tanto a emigrante como a exiliada, queda conmocionada. Sobre todo cando, despois das primeiras dúbidas sobre se foi un accidente ou un suicidio, comeza a impoñerse a evidencia de que foi asasinado polas súas idea políticas. Castelao e Virxinia, que tiñan unha recente pero intensa relación con el, dubidando da versión oficial dun accidente, deciden investigar pola súa conta, con valentía, pero coa prudencia que esixe o seu rol de exiliados aos que lles permitiron entrar no país a condición de que pasasen desaparecidos. Xóganse a súa expulsión do país ou, incluso, a súa propia vida.

Un inferno frío é o lugar onde viven todos aqueles que, contra o criterio maioritario, buscan con paixón e decencia a verdade.

O autor

O autor é profesor de Filosofía no IES Félix Muriel de Rianxo e publicou media ducia de libros, O xene da chuvia (Edicións do Castro), Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (Xerais Edicións) Bótame deste mar fóra (Toxosoutos), Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego (Editorial Galaxia) e A casa xunto ao volcán (Editorial Galaxia), galardoada co II Premio Viadutos 2019. Tamén é autor de O rosario e a buguina, biografía ficcionada que recrea os últimos meses do poeta rianxeiro Manuel Antonio. Esta novela valeulle a Losada o XXXII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega que concede a Deputación da Coruña. O xurado salientou “a potencia da historia que narra os últimos meses da vida de Manuel Antonio e o conflito suscitado coa súa nai na casa de Rianxo por motivos relixiosos e, de maneira especial, polo modo de se enfrontar á morte próxima”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.