O ribeirense “Ateneo Valle-Inclán” acolleu a presentación de “Coimbra” de Xosé de Cea

04 Maio 2024

O Ateneo Valle-Inclán de Ribeira acolleu a presentación da obra “Coímbra “de Xosé de Cea , un texto no que a emigración, a construción da identidade, o desarraigo dos fillos de galegos nacidos lonxe da terra dos seus pais cando estes deciden regresar á casa e un momento histórico moi concreto son algúns dos temas que se abordaron na presentación do libro un acto organizado entre o Ateneo Valle-Inclán e Barbantia .

A presentación, moderada por Isabel Santos, vicepresidenta de Barbantia, centrouse na novela con toques autobiográficos. No acto estiveron presentes a presidenta de Barbantia, María Xesús Blanco, quen agradeceu a cálida acollida do Ateneo, e o presidente de honra desta entidade, Santos Oujo.

Acto de presentación de Coímbra no Ateneo Valle-Inclán. Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.