Noia festexará o Mes das Letras con presentacións literarias, premios, teatro, música e un roteiro tralos pasos de Avilés de Taramancos

03 Maio 2024

Cultura de Noia compartiu a axenda de actividades para este Mes das Letras 2024, un menú de propostas para todas as idades que inclúe un roteiro (tralo legado de Avilés de Taramancos), teatro, música, presentacións literarias e homenaxes á poeta coruñesa Luísa Villalta, e tamén a escritores da nosa contorna como o rianxeiro Xosé Ricardo Losada, a quen lle será entregado este sábado 4 de maio o Premio Literario Antón Avilés de Taramancos, edición XXII.

A axenda dá comezo este sábado 4 coa entrega do dito premio a Losada polo libro Un inferno frío, e proseguirá o xoves 9 coa presentación de Pasado Arrincando. Lugares de memoria democrática en Galicia, publicación colectiva coordinada polo catedrático da USC Emilio Grandío, que intervirá no acto xunto co profesor Raúl Soutelo e o concelleiro de Cultura, Pepe Pérez. Será ás 19.30 horas na Casa da Cultura.

O domingo 12 de maio celebrarase a partir das 10.30 horas unha ruta literaria seguindo os pasos do escritor local Avilés de Taramancos, que porá o foco no seu legado de vida. O punto de saída será a praia de Testal. A andaina terá un máximo de 35 participantes e terá 3 horas de duración. As inscricións cómpre facelas en turismoconcellodenoia@gmail.com.

O venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, farase unha ofrenda floral ás 12.00 perante os bustos de María Mariño e Antón Avilés de Taramancos na Alameda. Ás 12.15 horas será a quenda dunha intervención teatralizada a cargo de Serafín Marcos: Historia da palabra.

O venres 24 presentarase o libro El despertar de los clones, de José Manuel Castro, ás 20.30 horas na Casa da Cultura.

O domingo 26 de maio o Teatro Coliseo Noela acollerá o espectáculo Musicalizando, a partir das 18.30 horas. O sábado 1 de xuño representarase a peza teatral Escenas de aquí e de acolá! de Lúa Chea, no Coliseo Noela, a partir das 20.00 horas. O venres 7 de xuño ás 20.30h presentaranse os libros Marea (novela) e 5 (poemas) da escritora da nosa comarca Ana Lojo, na Casa da Cultura.

O sábado 8 de xuño ás 20.30 horas haberá poesía no Coliseo Noela, da man de Jorge Gallardo, que presenta Poesía viva. O venres 21 de xuño (ás 19.30 no Noela) e o sábado 22 (ás 11.00 no Noela e ás 19.30 na rúa do Curro) a Escola de Música Sondela organiza o seu Festival de Fin de Curso, que será en beneficio da Asociación Andreas StopAME. O mes cultural remata o sábado 29 e o domingo 20 co espectáculo de danza O mago de Oz, a cargo da Escola de Danza Oitos (en beneficio de ASPOGH), no Noela ás 20.30 horas os dous días.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.