O Maio Vintage Market de Boiro adíase até o 11 de maio

03 Maio 2024

O Concello de Boiro vén de confirmar que por mor das previsións meteorolóxicas adversas, o Maio Vintage Market previsto para este sábado queda aprazado ata o vindeiro sábado 11 de maio.

A cita estaba prevista para este día 4, durante toda a xornada, na céntrica rúa peonil.

O evento vén da man da Asociación Creaturas e o Concello de Boiro. Nesta edición estaba previsto que participasen 76 postos, entre os que se atopan artesáns e tamén entidades como Unión de Muchachas, AMBAR, A Creba, Turbina, AGADEA, Cruz Vermella, Asociación Española Contra o Cancro e Boas Novas.

Malia o cambio de data, a nova edición do mercado cultural e artesanal Maio Vintage Market mantén o seu programa de actividades para converter Boiro nun referente en artesanía, deseño, moda, ilustración e actividades culturais na rúa.

A temática desta onceava edición serán os anos 80.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.