Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño

24 Abril 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, na parroquia de Leroño, quedou extinguido ás 18,49 h desta tarde e afectou unha superficie de 130 hectáreas, das cales 124 corresponden a monte arborado e as 6 restantes a raso.

O lume iniciouse ás 17,54 h da tarde do luns e para a súa extinción mobilizáronse 3 técnicos, 46 axentes, 58 brigadas, 43 motobombas, 3 pas, 4 avións e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión