O Concello Rianxo recibe unha axuda de 7.000 euros para mellorar o seu Arquivo

24 Abril 2024

O Concello de Rianxo vén de recibir unha axuda, por importe de 7.000€, para a mellora do seu Arquivo Municipal. A axuda materializouse a través dunha liña de recursos posta a disposición das entidades locais por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que ten como finalidade principal “a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición das series documentais depositadas nos arquivos”.

O Concello de Rianxo lembra que “os Arquivos Municipais custodian documentos como testemuño e garantía de dereitos e deberes das institucións e dos cidadáns e como fonte de información para a xestión administrativa e a investigación”. Ademais, sinala, son en parte a memoria histórica da sociedade, neste caso concreto a rianxeira.

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión