
Os Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro foron alertados ao redor das 12:30 horas da mañá de hoxe, domingo 21 de abril, dun accidente de moto na avenida de Barraña, no concello de Boiro.
Na chegada, foron informados de que unha señora que cruzaba o paso de peóns foi atropelada por unha moto, quedando esta tirada no chan. Tras o atropelo, o motorista caeu ao chan e a moto bateu cun coche aparcado.
O persoal traslada á persoas atropelada cun traumatismo craneal ao centro de saúde, mentres que o motorista foi polos seus propios medios.
Completaron o operativo o Servizo de Urxencias e Emerxencias Sanitarias de Boiro e a Protección Civil de Boiro.




