Durante o domingo aumenta da inestabilidade atmosférica coa entrada de aire frío en altura. Espéranse néboas matinais no interior. Sen cambios nas condicións do tempo en xeral con sol e as temperaturas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán de compoñente norte-nordés frouxos, con intervalos de moderado no litoral.

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



