Este domingo proxéctase “Uno para todos” na Casa da Cultura de Boiro

09 Abril 2024

A Casa da Cultura de Boiro vai acoller este domingo 14 de abril a proxección do filme Uno para todos, no marco do programa de cinema familiar educativo. Será ás 19.00 horas.

Uno para todos é unha película española de 2020 dirixida por David Ilundain, estreada o 26 de outubro de 2020 e protagonizada por David Verdaguer, Patricia López Arnaiz e Ana Labordeta.

A película narra a historia dun profesor interino que asume a tarefa de ser titor dunha clase de sexto de primaria nunha vila de Aragón completamente descoñecida para el. Cando descobre que ten que reintegrar a un alumno enfermo na aula, atópase cun problema inesperado: case ningún dos seus compañeiros quere que volva a clase.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.