Beatriz Gacía Turnes presenta en Ribeira “Comando Sintrom” e Juan Codesido inaugurou “A expresión da Cor”

05 Abril 2024
A técnica de Cultura Alicia Padín introducindo a Beatriz García Turnes

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, espazo adicado ao encontro entre a palabra escrita e a expresión visual, acolleu este xoves 4 de abril a presentación do libro Comando Sintrom, da escritora compostelá Beatriz García Turnes, no que estivo presente o pianista Yuri Durán; e tamén a exposición A expresión da Cor, do artista ferrolán Juan Codesido.

No acto estiveron presentes o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e as concelleiras Antía Alberte, Cruz Rivadulla e Fernando Abraldes.

Comando Sintrom, editado por Galaxia, é un feixe de relatos de mulleres que se atopan no final da súa vida. Con todo, non son avoas de pano na cabeza, sentadas a carón da lareira ou enredadas coas tarefas domésticas. A autora presenta mulleres actuais que, a pesar da súa idade, ou quizais por iso, son quen de adaptarse aos novos tempos. Estas anciás manéxanse nas redes sociais, pasean o can pola cidade, camiñan por prescrición médica e gozan da vida na medida en que poden. O tempo xoga na súa contra e aparecen os achaques e tamén se enfrontan á soidade, ou ao pasado que chega para saldar débedas pendentes, porque ser vella non te fai mellor nin peor persoa, pero muda a visión da vida.

Polo que se refire á mostra A expresión da Cor, é unha viaxe polas formas xeradas por Codesido, o artista que para chegar á expresión emprega a cor como xeradora de formas. En palabras da Deputación de Pontevedra, “trátase dunha exposición moderna, difícil de encadrar dentro dos estilos pictóricos contemporáneos, que destaca pola forza das cores puras en contraste”. Predominan pezas de abstracción pura, xerada por distintos tipos de técnicas para buscar, en todo momento, a conexión coa parte inmaterial do ser por medio das emocións.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.