Rianxo serve de escenario a unha nova edición dos Camiños de Coñecemento da USC (formación universitaria para maiores)

01 Abril 2024

O programa Camiños de Coñecemento e Experiencia (IV Ciclo da USC) chega novamente a Rianxo para ofrecer actividades de formación universitaria aos maiores de 50 anos. Desenvolverase ao longo desta primavera, con inicio este mes de abril. Trátase dunha iniciativa da Universidade de Santiago e en concreto do Vicerreitorado de Estudantes, en colaboración, neste caso concreto, co Concello de Rianxo. As sesións celebraranse na ​​​​​​Aula no Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo e inclúen formacións relacionadas coa entomoloxía (o estudo dos insectos), a tradición xacobea e a música. A continuación damos conta do programa:

24/04/24 16:30 – 18:00 h

Seminario: Para que serven os insectos? José Carlos Otero González, profesor emérito da facultade de Bioloxía.

25/04/24 16:30 – 18:00 h

Obradoiro práctico: Para que serven os insectos? José Carlos Otero González, profesor emérito da facultade de Bioloxía.

26/04/24 16:30 – 18:00 h

As orixes do culto xacobeo: historia e lenda. Victoriano Nodar Fernández.

29/04/24 16:30 – 18:00 h

A relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego: unha aproximación á Historia da Música Galega e aos instrumentos de percusión. María González Blanco, docente da facultade de Ciencias da Educación.

29/04/24 16:30 – 18:00 h

Obradoiro práctico de ritmo e percusión. María González Blanco, docente da facultade de Ciencias da Educación e Lusine Grigoryan Zohrabyan.

03/05/24 16:30 – 18:00 h

Seminario: As orixes do culto xacobeo: historia e lenda. Victoriano Nodar Fernandez.

Inscricións

As inscricións deberán facerse preferibelmente por correo electrónico en cultura@concelloderianxo.gal ​​​​​​ indicando:

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Data de nacemento
  • Enderezo postal
  • Correo electrónico
  • Nivel académico: Estudos primarios/Estudos secundarios/Diplomatura universitaria/Licenciatura universitaria/Doutoramento

No teléfono 981 100 688 ou presencialmente no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.