Montescola convoca este sábado en Froxán (Lousame) unha xornada de voluntariado ambiental para reducir o risco de incendios

26 Marzo 2024

Para os que aínda non teñamos plans para esta ponte, o sábado 30 a Fundación Montescola achéganos unha alterativa de lecer combinando natureza, aprendizaxe e conservación da paisaxe. Trátase dunha convocatoria de voluntariado ambiental do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC), coa que se procurará plantar máis dun cento de árbores frondosas autóctonas na Área Conservada pola Comunidade de Froxán, en Lousame (A Coruña), recoñecida polo Programa da ONU para o Ambiente desde 2017.

Montescola explica que “as persoas participantes non só poderán coñecer este territorio singular e contribuír a protexelo fronte ás ameazas do lume e do cambio climático, máis tamén aprender as técnicas de poda forestal e descubrir como poñer en valor os aproveitamentos multifuncionais do monte, combinando, por exemplo, castañas, cogumelos e madeiras de calidade”.

A xornada, que acabará cunha degustación, está aberta a todas as idades e o prazo de inscrición finaliza este xoves 27 (só é necesario enviar un correo electrónico a info@montescola.org).

Montescola explica Froxán está desenvolvendo unha experiencia piloto de “cortalumes verdes”, que son infraestruturas forestais que integran especies máis resistentes ao lume e forman espazos resilientes con maior biodiversidade e posibilidades de uso multifuncional. As actuacións forman parte do proxecto CAPRIF-CC no que participan a Fundación Juana de Vega, a Fundación CEER, CETEMAS, Montescola e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, e que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Ademais das xornadas de voluntariado forestal, o proxecto CAPRIF-CC creará unha rede de Living Labs en varios territorios nos que se levarán a cabo numerosas actividades de innovación aberta, formación e co-creación buscando a dinamización económica no ámbito forestal e os usos multifuncionais.

Tamén se elaborará un mapa de talento e un atlas de boas prácticas para pór en valor e divulgar as experiencias de conservación comunitaria e xeitos de xestión positivos en termos de fomentar territorios resilientes e biodiversos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.