
O concelleiro Francisco Suárez-Puerta presentou este luns 25 de marzo, xunto aos integrantes do Club Rebenta Pistóns, a VI Kedada Motera de Ribeira que terá lugar na cidade o vindeiro 13 de abril.
O evento comezará ás 15:00 na praza de España, e posteriormente levarase a cabo unha saída moto-turística pola zona co propósito de promocionar o encanto turístico do Concello, para despois volver á praza de España onde está prevista unha degustación de porco ao espeto animada con DJ e un espectáculo sorpresa. A xornada, á que se espera que acudan arredor de 2000 persoas, rematará con varias probas moteoras; segundo explicou o presidente dos Rebenta Pistóns, Iván Olveira.
Pola súa parte, o concelleiro expresou o seu compromiso coa colaboración do Concello para a organización deste tipo de eventos “para que Ribeira siga sendo un referente nestas concentracións”.



