O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolleu o coloquio sobre “A Importancia do Labor Asociativo”

23 Marzo 2024

O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu o coloquio sobre A Importancia do Labor Asociativo. Activando Iniciativas para a Transformación do Territorio. O vedrense Iván García García deu unha clase maxistral que sorprendeu, de forma moi grata, ao público asistente pola profundización na temática que fixo o experto. Ata unha vintena de entidades estaban representadas na sala.

A representación asociativa e a Concelleira de Cultura acordaron repetir este tipo de citas en máis ocasións porque permitiu adquirir coñecementos e converterse nun espazo de encontro e reflexión para o tecido asociativo.

O poñente estivo acompañado na mesa por Vicente Mariño, tenente de alcalde ribeirense e Francisco Javier Gómez González, presidente de Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade e da Asociación Desembarco en Areoso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.