Numerosos cativos disfrutan dun renovado parque infantil no García Bayón

26 Xaneiro 2020

O parque infantil do García Bayón reabriu logo dunha profunda remodelación e dende entón son numerosos os cativos e cativas que, amparados polo bo tempo, están a disfrutar dos novos xogos de que consta esta área recreativa.

Especial sensación está a causar un xogo en forma de nasa que foi especialmente deseñado para a cidade ribeirense como unha forma de poñer en valor o noso patrimonio marítimo. Consta de iluminación LED, un tobogán tubular de grandes dimensións; unha rampa de deslizamento; tres plataformas polas que a rapazada pode ascender ou descender unha a outra; unha liana de ascenso, unha rede inclinada de cuadrícula de trepa e unha zona de presas de escalada… elementos todos eles que están a facer as delicias dos máis pequenos.

Así mesmo, hai que salientar tamén a instalación de diversos xogos inclusivos pensados especialmente para persoas funcional, así como un gran domo capaz de albergar ata 25 nenos que tamén está equipado con iluminación LED, amén doutros aparatos como unha cama elástica, un balancín carrusel múltiple, etc…

Consérvanse do parque infantil anterior despois de seren restaurados o equipo combinado e a tirolina. Iso si, todo o parque infantil esténdese sobre un pavimento de caucho continuo de nova factura que afianza a seguridade dos seus usuarios

O parque ten capacidade para que un total de 140 nenos e nenas con idades de 0 a 14 anos poidan facer uso simultáneo dos xogos que alí se van situar, distribuídos en dúas zonas en función dos tramos de idade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.